I CONCURSO DE LEMAS MOTIVADORES
Como sabedes o vindeiro 17 de maio celebramos o "día das letras galegas", adicado este ano ao escritor Valentín Paz Andrade.
Dende o cole tamén queremos celebralo dun xeito particular e por iso:
¡¡¡ Aquí comeza o
1º concurso de lemas motivadores !!!
con él pretendemos inculcar entre os nosos alumno@s tanto o uso do GALEGO como o fomento da LECTURA.
Para poder participar:
Pincha ao final desta entrada no apartado "comentarios" e escribe o teu
lema, nome e categoria
¿ Qué tes que facer?
Pensa nun lema, un slogan, unha frase, EN GALEGO, que nos faga descubrir a importancia da LECTURA.
¿Cánto tempo tes?
Dende o 5 ao 23 de marzo.
Se queres ver todos os lemas, estate atento porque poderás facelo dende aquí a partires do remate deste prazo.
¿Cando saberás quen é o gañador do concurso?
O día 30 de marzo, venres, tamén a través do blog.
¿Cal é o premio?
Haberá un premio por categoría que consistirá en:
- un vale por valor de 20€ na librería Sisargas.
Ademáis o equipo de profesores da biblioteca elexirá un que será publicado nunha etiqueta adhesiva
¿Cómo sabes a categoría á que pertences?
Moi sinxelo, o reparto de categorías é o seguinte:
1ª categoría 3º e 4º de EP
2ª categoría 5º e 6º de EP
Como ves é moi sinxelo, o único que tes que facer é maquinar un pouco e ....
¡ ter moito ánimo!