Benvida

Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.

lunes, 17 de diciembre de 2012

    GUÍA DE LECTURAS PARA ESTE NADAL

                 ESTE  NADAL  LER......ESTÁ  DE  MODA !!!!
Esta é a guía de lecturas que presentamos para este Nadal, recordándovos, coma sempre, que é unha estupenda opción para agasallar nestas festas.      


domingo, 16 de diciembre de 2012

 E TI..... ¿COÑECES AO APALPADOR?
  
O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
 
Por certo, se o queres coñecer, e falar con él mañán visitaranos no cole, así que.........¡ata mañán!

miércoles, 12 de diciembre de 2012

  Aquí vos deixo unhas imaxes da visita que Papá Noel e os seus colaboradores fixeron ao cole onte mércores. Os rapaces de Infantil e Primeiro cilco de Primaria entregaron as súas cartas.

jueves, 6 de diciembre de 2012

 ¿TE PORTACHES BEN? 
O próximo martes 11 de Decembro recibiremos no cole a visita de Papá Noel. Avísannos de que chegará aproximadamente ás 11hrs. da mañán.
  Será, coma sempre, na biblioteca.
  ¡¡¡¡¡¡¡Esperámosvos!!!!!!!!!!!!!