Benvida

Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.

sábado, 23 de marzo de 2013



Visita de Fina Casalderrey ao noso colexio
ste venres 22 de marzo o alumnado das clases de  2º, 3º, 4º, 5º e 6º do noso colexio tivemos a sorte de recibir a visita dunha convidada moi especial: a escritora pontevedresa       Fina Casalderrey.
Fina Casalderrey, natural de Pontevedra, ten preto de cincuenta títulos publicados e ten recibido os máis grandes recoñecementos dentro do país e tamén fóra, como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil concedido polo Ministerio de Cultura.  Ademáis a Real Academia Galega  acaba de nomeala, membro de número da institución. A súa inclusión implica a entrada, tamén, da Literatura Infantil e Xuvenil que se produce da man dunha das nosas autoras máis sobranceiras, responsable de títulos esenciais

Aquí vos deixo unhas imaxes do seu paso polo cole.


Esta é a súa obra:
-          Dúas bágoas por Máquina.
-          A noite dos coroides.
-          Chamizo.
-          Asústate, Merche!
-          O misterio dos fillos de lúa.                                 
-          O estanque dos parrulos pobres.
-          Prohibido cazar, papá!
-          Ás de mosca para Anxo.                                                             
-          A filla das ondas.
-          Bicos de prata.
-          A máscara de palma.
-          Cando a Terra esqueceu xirar.
-          Un can no piso! E que?
-          Fillas das ondas.
-          Eu son eu.
-          O meu avó é unha gata.
-          Un misterio na mochila de Alba.
-          Quen me quere adoptar?
-          Isha, nacida do corazón.
-          Pásmate Merche.
-          Un cabalo de lume.
-          Apertas de vainilla.
-          Xela volveuse vampira.
-          A pomba e o degolado.
-          Ola estúpido monstro peludo.
-          Félix o coleccionista de medos.
-          Pesadelo no tren  chocolate.
-          Lume!

Poderedes saber mais cousas visitando a súa web: Fina Casalderrey http://fina.casalderrey.com





domingo, 17 de marzo de 2013

                   ESTREAMOS NOVO BUZÓN
                Dado o éxito do anterior, que se nos quedaba pequeno, tivemos que facer un novo de maior dimensión                
 

 Neste caso os alumnos@ de 1º de Primaria nos escriben as súas suxerencias e nos axudan coa decoración.
                                       ¡¡¡GRACIAS A TODOS@!!!