Visita de Fina Casalderrey ao noso colexio
ste venres 22 de marzo o alumnado das clases de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º do noso colexio tivemos a sorte de recibir a visita dunha convidada moi especial: a escritora pontevedresa Fina Casalderrey.
Fina Casalderrey, natural de Pontevedra, ten preto de cincuenta títulos publicados e ten recibido os máis grandes recoñecementos dentro do país e tamén fóra, como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil concedido polo Ministerio de Cultura. Ademáis a Real Academia Galega acaba de nomeala, membro de número da institución. A súa inclusión implica a entrada, tamén, da Literatura Infantil e Xuvenil que se produce da man dunha das nosas autoras máis sobranceiras, responsable de títulos esenciais
Aquí vos deixo unhas imaxes do seu paso polo cole.
Esta é a súa obra:
- Dúas bágoas por Máquina.
- A noite dos coroides.
- Chamizo.
- Asústate, Merche!
- O misterio dos fillos de lúa.
- O estanque dos parrulos pobres.
- Prohibido cazar, papá!
- Ás de mosca para Anxo.
- A filla das ondas.
- Bicos de prata.
- A máscara de palma.
- Cando a Terra esqueceu xirar.
- Un can no piso! E que?
- Fillas das ondas.
- Eu son eu.
- O meu avó é unha gata.
- Un misterio na mochila de Alba.
- Quen me quere adoptar?
- Isha, nacida do corazón.
- Pásmate Merche.
- Un cabalo de lume.
- Apertas de vainilla.
- Xela volveuse vampira.
- A pomba e o degolado.
- Ola estúpido monstro peludo.
- Félix o coleccionista de medos.
- Pesadelo no tren chocolate.
- Lume!