Benvida
Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.
martes, 21 de mayo de 2013
ABRIMOS NO RECREO
¡¡¡ABRIMOS A BIBLIOTECA OS LUNS NO RECREO!!!
A partir do próximo luns día 27 de maio, e por petición dos nosos alumnos que no buzón nos deixan as súas suxerencias, podedes visitar voluntariamente a biblioteca do cole para consultar,ler, estudar, empregar os ordenadores ou axudar ao profesor na organización da mesma.
¡¡¡ E N T R A !!!
jueves, 16 de mayo de 2013
Finalizado o concurso da semana das Letras Galegas, ¡¡¡¡xa temos equipo gañador!!!!
FELICIDADES:
JASON, SABELA, JEAN e JENNIFER
que con 23 acertos e tan só 1 erro pasan a ser os gañadores da primeira edición do Brincaletras adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño
Aquí os tedes na biblioteca para recoller o seu merecido premio
Un eBook que gracias a eles poderán disfrutar todos os alumnos@s de 5ºB
¡Noraboa aos catro! e ata o próximo.......
"B R I N C A L E T R A S"
jueves, 9 de mayo de 2013
Este curso queremos celebrar o ...
Apúntate ao 1º concurso "BRINCALETRAS" e demostra todo o que sabes sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO
¡¡¡Lee moi ben as bases do concurso e participa durante a semana das letras galegas!!!
1º CONCURSO ......... ¡B R I N C A L E T R A S!
LETRAS GALEGAS 2013
¿Qué é iso?
Pois un concurso é unha chamada a que participes na elaboración de algo baixo a
motivación de optar a un premio.
¿En qué consiste?
Tes que contestar coa axuda do teu grupo, 23 palabras .
Nós dámosche a definición e a inicial pola que empezan.
¿Qué hai que facer?
Pois informarte sobre a biografía de Roberto Vidal Bolaño, autor ao que este ano se
adica o”día das Letras Galegas”
¿Cómo o fago?
Tes que baixar á biblioteca o día que che toque. Pregúntalle ao teu titor ou mira no corcho
informativo situado na entrada de Primaria.
¿Cánto tempo ten o meu grupo para acertar tdodo o rosco?
5 minutos
¿E cómo saberemos qué grupo é o gañdor do concurso?
Podes consultar o número de aciertos e de erros de cada grupo no mural que atoparás
no corredor da biblioteca
¿Cándo saberemos qué grupo é o gañador do concurso?
O mércores 15 ade maio. Gañará o equipo que consigamaior número de aciertos. En caso de
empate, o de menos erros
¿Cal é o premio?
O grupo que máis preguntas acierte gañará para a súa aula un LIBRO ELECTRÓNICO
Como ves é moi sinxelo. O único que tes que facer é prepararte un pouco e ter moito ánimo
Apúntate aquí cando coñezas os aciertos e
os erros do teu equipo.
Roberto Vidal Bolaño: o teatro protagoniza as Letras Galegas 2013
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas
jueves, 2 de mayo de 2013
TALLER DE COCIÑA
Hoxe no cole tivemos un día especial. A mamá de Ana, Marta, visitounos para ensinarnos cómo facer unhas ricas galletas. Xuntámonos todos no comedor e pasamos unha mañán estupenda:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)