Benvida

Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.

lunes, 13 de febrero de 2012

A nosa biblioteca con Silvestre Gómez Xurxo


                Este  luns 13 de Febreiro tivemos o pracer de recibir na nosa Biblioteca ao escritor Silvestre Gómez Xurxo, que nos veu falar do libro no que os alumnos de 4º están a traballar este mes, ¡Ti non xogas!, do cal é o autor. 
                                                
                            Silvestre falounos do seu libro contestando ás preguntas que estes grandes "reporteiros" lle facían
                                Velaí unha crónica en imaxes de este día!

                   (A música non é de grande calidade, sinto as deficiencias)
                            
                                         
       

                                         


                      
                                  

domingo, 12 de febrero de 2012

O entroido está llegando e no cole xa estamos todos argallando o noso disfraz. O tema elexido este ano é O CÓMIC e por iso na biblioteca organizamos unha exposición temporal coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística que solicitou exemplares á Biblioteca Municipal de Monte Alto.
Espero que vos aporte moita ideas, xa nos veremos o vindeiro venres 17. ¡Moita imaxinación a todos!



         
               Aquí podes ver paso  a paso o deseño dun personaxe de cómic
                   

domingo, 5 de febrero de 2012

                          
      
               EL TREN DEL CARNAVAL DE HECTOR LERA


O ENTROIDO está chegando e no cole xa nos imos preparando; aquí vos deixo algúns recurosos coa intención de compartilos con todos vos

                                   LIBRO LIM DEL CUENTO
                              "EL CARNAVAL EN EL BOSQUE"

jueves, 2 de febrero de 2012

Portada de El dragón y la mariposa

Hoxe na biblioteca pasamos un rato estupendo  
Estivo con nós VICKY, unha contacontos moi
especial que nos veu visitar para contar aos
nenos e nenas de infantil este par de contos que
estades a ver.
"Mamá elefanta es genial", ela pensa que a súa
trompa e demasiado grande e non está moi con-
tenta pero......descubrirá que pode ter outras moitas ventaxas.
"El dragón y la mariposa": Plácido é un dragón revoltoso e destrozón; Bárbara é unha volvoreta dulce, fermosa e delicada pero parece que   ningún deles está moi contento co seu nome; ¿Qué tal se os intercambiamos?. Así o fixeron  MARIÑA e DAVID que foron algúns dos protagonistas desta historia.
                                            ¡Aquí os tedes!

sábado, 21 de enero de 2012

 

                  DÍA DA PAZ

30 de xaneiro. Dia escolar da paz e a non violencia.
                 
                            


             O día mundial da paz celébrase o 30 de xaneiro de cada ano, pois se conmemora o asasinato do líder nacional e espirutual da India Mahatma Gandhi en 1948.
             Se tes interese en coñecer algo máis a cerca del aquí encontrarás información:
            http://es.wikipedia.org/wiki/Mahatma_Gandhi
Aquí vos deixo una relación de libros que nos axudan a construir a paz:

¡Buenos días, mundo!
¡Buenos días, mundo!
Beatrice Hollyer
Intermón Oxfam
Para compartir a vida de sete nen@s de diferentes países, nos explican cousas da súa escola, de cómo axudan na familia, os seus xogos...
As fotografías de Diane Lilley son moi bonitas.
(A partir de 6 anos)

                      
                         
El pequeño libro de la PazEl pequeño libro de la paz
Silton, Gerónimo
 Editorial Planeta, 2003
 Dende a Illa dos Ratos apórtanse moitas ideas sobre a Paz,  convivencia, a diversidade e a participación.
                    (A partir de 8 anos)

                                   
                         
S de SolidaridadS de Solidaridad
Carlota Franco
Intermón
É unha invitación a sumarse á gran cadea
 que une ás    persoas que queren conseguir un mundo mellor
As fotos son de Tomás Abell
(A partir de 8 anos) 
                                     
Todos somos especiales
Todos somos especiais
Autora: Arlene Maguire
Editorial: Everest
Un conto para celebrar que cada un de nos somos diferentes, únicos  e que temos algo que nos fai especiais.
(A partir de 6 anos)



El libro de la Paz
Todd Parr
Editorial: Serres. 2005
A Paz é aprender a ser ti mesmo/a.
A combinación de cores e os sinxelos debuxos
son moi atractivos.(De 3 a 6 anos)

 
Los monstruos  grandes no lloranLos monstruos grandes no lloran
Kalle Güettler, Rakel Helmsdal, Áslaug Jónsdóttir
Ed. Beascoa, 2010
O monstruo grande pensa que é patoso, que todo o fai mal, e como xa é maior non debe chorar, pensa que o monstruo pequeno o fai todo mellor ca él.
Se resaltan os valores que acompañan á amizade.
(De 3 a 6 anos)

FamiliasFamilias
Uwe Ommer
Editorial: SM
Os protagonistas son nenos que viven en diferentes países. Un libro que fomenta o respecto ao diferente, a favor da paz entre os pobos.
(A partir de 9 anos)


viernes, 13 de enero de 2012


Outro venres...
outras mochilas...
 máis lecturas en familia.
¡Qué vos gusten!
O luns a nai de Xiana de 5º de Infantil veu ata a  biblioteca e donou uns libros moi interesantes  escritos  uns en galego, outros en inglés e outros en francés.
            
 Se tedes exemplares en casa en bo estado e vos ides desfacer deles, acordádevos primeiro de nós, serán ben recibidos se son axeitados ás idades dos nosos nenos/as.