¡Xa están preparadas para ir a túa casa! |
A experiencia das "Mochilas Viaxeiras posta en marcha o curso anterior dun xeito experimental en algunha das aulas do centro tivo unha excelente acollida por parte das familias, por iso queremos este ano continuar co proxecto ampliando a 9 as unidades participantes. Empezaremos por Educación Primaria e máis adiante irán chegando tamén ás aulas de Educación Infantil.
Irán de man en man e de casa en casa ao longo dunha semana xa que iniciarán a súa viaxe un venres e regresarán o xoves ao cole para que así outras familias a poidan disfrutar.
Con este proxecto pretendemos fundamentalmente mellorar o hábito lector do noso alumnado e concienciar ás familias do papel importante que desempeñan no fomento da lectura.

A mochila viaxeira emprendeu viaxe cara a nosa casa,chea de contos historias e ledicia.Estamos encantados con ela, pasaremolo de marabilla e o vindeiro xoves, devolveremola como corresponde para que outro lar atope.
ResponderEliminarGraciñas e saúdos.