Benvida

Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.

martes, 29 de enero de 2013

DÍA ESCOLAR DA PAZ 2013



   Como cada ano cando se achega o 30 de xaneiro, día escolar pola paz, data na que celebramos o asasinato de Mahatma Gandhi (1948-2013), os colexios de galicia  andamos na procura de recursos para organizar actividades  para os nosos alumnos/as.
  

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
                         ¡¡¡¡¡Pídeo na nosa biblioteca!!!!!
 No  Centro xa estamos decorando o cole e os corredores para conmemorar este día e preparando a festa que celebraremos no patio da entrada e na que estaremos todos, profes e alumnos desde Infantil ata Primaria.
       Ademáis cantaremos a canción de "Paz, paz, paz" de Juanes y "La muralla" de Ana Belén:

viernes, 18 de enero de 2013

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMENZAN A SÚA ANDAINA

¡¡¡POR FIN!!! 
Este curso, levamos moito retraso por mor da elaboración dos novos "CADERNOS VIAXEIROS" adaptados a cada un dos ciclos de Primaria e que nos deron bastante traballo.
Pero xa están "en marcha"
Esperamos que vos gusten moito, moito......e que as disfrutedes
                             

martes, 1 de enero de 2013

Aquí vos deixo unhas imaxes da visita dos Reis Magos ao cole o pasado martes na que os rapaces de Infantil lles entregaron as cartas cos seus mellores desexos.