Como cada ano cando se achega o 30 de xaneiro, día escolar pola paz, data na que celebramos o asasinato de Mahatma Gandhi (1948-2013), os colexios de galicia andamos na procura de recursos para organizar actividades para os nosos alumnos/as.
Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
¡¡¡¡¡Pídeo na nosa biblioteca!!!!!
No Centro xa estamos decorando o cole e os corredores para conmemorar este día e preparando a festa que celebraremos no patio da entrada e na que estaremos todos, profes e alumnos desde Infantil ata Primaria.
Ademáis cantaremos a canción de "Paz, paz, paz" de Juanes y "La muralla" de Ana Belén:
No hay comentarios:
Publicar un comentario