Benvida

Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.

viernes, 26 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 2013

Neste día realizamos múltiples actividades e todas xiraron en torno á lectura .Por suposto, non podía faltar  "un marcapáxinas" . Pincha na image para velos en grande.

                                   
Este curso temos programadas moitas actividades:
    Xogo do "semáforo" para os peques, para axudarlles  a que coñezan as normas de comportamento na nosa biblioteca.
    LIM para os rapaces de primaria sobre o uso e as normas básicas de utilización de todo o material do que dispoñemos na biblio.
   Guía de benvida para os novos usuarios coa elaboración dun tríptico por parte do equipo
   Colaboración de pais e profes para a realización de contacontos......
Foi unha semana moi axetreada e unha experiencia a repetir.

domingo, 21 de abril de 2013

EXPOSICIÓN ITINERANTE DE CURROS

Este ano o noso centro celebra o seu CINCUENTENARIO, e por iso estamos todos, dende Infantil a Primaria, preparando unha serie de actividades especiais que se veñen desenrolando  neste 3º trimestre. Para empezar, organizouse na que nos chamamos "biblioteca vella", unha exposición itinerante con material procedente  do Museo Pedagóxico de Galicia, MUPEGA, na que podemos ver como eran as aulas que nese momento había, así como todo o material de traballo que se empregaba. Ademáis dunha exposición de fotografías da época ata chegar aos nosos días.
 Para que o noso alumnado coñecese un pouco máis cómo era e cómo se traballaba naquela época, todos os alumnos foron "desfilando" pola exposición para escoitar o que a profe Ánxeles nos tiña que contar......
 Aquí quedan unhas imaxes do día:


 


 
 
 

















domingo, 14 de abril de 2013

   FORMACIÓN DE USUARIOS ¡¡¡PARA ALUMNOS!!! 

 Para traballar a Formación de Usuarios co alumnado do Primaria, aquí temos un libro Lim con actividades interactivas que pode facilitar o traballo co noso alumnado, ao tempo que lle ofertamos un xeito divertido de aprender. Primeiro lede atentamente toda a información e despois faredes as actividades.
                              ¡¡¡ÁNIMO  A  TODOS!!!



miércoles, 3 de abril de 2013

VISITA Ó MONTE DE SAN PEDRO

 Hoxe mércores os alumnos@ de 4º de infantil visitaron o Monte de San Pedro, pero antes prepararon concienzudamente a súa visita.
Primeiro recibiron no colexio a  BEA, que lles contou qué animais e prantas iban ver cando chegaran alí. Eles escoitaron atentamente:


 




Despois nos informamos concienzudamente solicitando información á biblioteca sobre plantas e animais do noso contorno
Traballamos o tema nas aulas



E por fin marchamos no autobús camiño do Monte onde nos esperaban BEA e VERO


 






E tras atopar mirlos, givotas patiamarelas, touperas, ourizos, toxos, dentes de león ......
despedímonos das monitoras!!!!
¡¡¡¡¡¡ Pasámolo en grande e aprendimos moitas cousas!!!!!!!.      Ata  outra.