Benvida

Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.

domingo, 21 de abril de 2013

EXPOSICIÓN ITINERANTE DE CURROS

Este ano o noso centro celebra o seu CINCUENTENARIO, e por iso estamos todos, dende Infantil a Primaria, preparando unha serie de actividades especiais que se veñen desenrolando  neste 3º trimestre. Para empezar, organizouse na que nos chamamos "biblioteca vella", unha exposición itinerante con material procedente  do Museo Pedagóxico de Galicia, MUPEGA, na que podemos ver como eran as aulas que nese momento había, así como todo o material de traballo que se empregaba. Ademáis dunha exposición de fotografías da época ata chegar aos nosos días.
 Para que o noso alumnado coñecese un pouco máis cómo era e cómo se traballaba naquela época, todos os alumnos foron "desfilando" pola exposición para escoitar o que a profe Ánxeles nos tiña que contar......
 Aquí quedan unhas imaxes do día:


 


 
 
 

















No hay comentarios:

Publicar un comentario