A vindeira semán a biblioteca é protagonista:
Celebraremos un contacontos coa colaboración duns pais e estará adicado especialmente aos alumnos/as de Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Dia : martes 13 de decembro
Hora : 16,15h.
Ademáis ao día seguinte, mércores, recibiremos ao Carteiro Real que chega para recoller as cartas de todolos nenos; estamos preparando todo para a súa chegada.
Benvida
Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.
viernes, 9 de diciembre de 2011
martes, 6 de diciembre de 2011
viernes, 18 de noviembre de 2011
Pronto empezará o servizo de préstamo, xa vos avisaremos do día en concreto, e por iso queremos que coñezades a nosa guía.
hhhkjhh ka fjakkyyyyyylfañañlañlfañlkds
fak GUÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
1. A BIBLIOTECA: UN MUNDO POR DESCUBRIR
A biblioteca é un lugar moi especial do colexio.
2.- OS USUARIOS
3.- OS ESPAZOS
4.- ORGANIZACIÓN DOS FONDOS
Cada libro leva unha etiqueta branca chamada “tejuelo” na parte inferior do lombo.
5.- HORARIOS
6.- POLÍTICA DE PRÉSTAMOS E NORMAS DE FUNCIONAMENTO
fak GUÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
1. A BIBLIOTECA: UN MUNDO POR DESCUBRIR
A biblioteca é un lugar moi especial do colexio.
Un lugar para saber e coñecer, para ler, para aprender pola túa conta. Un lugar de encontro no que podes informarte de todo o que te interese. A través da lectura e dos libros, a biblioteca permitirate viaxar no tempo e no espacio, visitar épocas remotas, lugares maravillosos e descoñecidos, coñecer xeitos de vida moi diferentes aos nosos, ter noticias de civilizacións lonxanas, de animais sorprendentes, relacionarte cos teus compañeiros… é un lugar para o entretemento, a curiosidade, a imaxinación, para sentir a poesía, para disfrutar de histoiras e lendas. Tamén te ofrece recursos necesarios para o estudo, a realización de traballos e tareas escolares. En resumo: a biblioteca é un mundo por descubrir.
2.- OS USUARIOS
Poden utilizar a biblioteca escolar os alumnos e alumnas do Centro, así coma o profesorado. O documento que da acceso a todos os materiais e servizos é o carnet da B.E., necesario para realizar préstamos, e que permanecen archivados nela para cando os usuarios o precisen .
A B.E. consta de varios espazos ou zonas: zona de préstamo, zona de consulta, zona de lectura e traballo en equipo.
4.- ORGANIZACIÓN DOS FONDOS
Os Libros Informativos están situados en estanterías altas, ordeadas pola Clasificación Decimal Universal (CDU) e señalizadas mediante carteis que indican a clase á que pertencen: consulta, atlas, manualidadades e experimentos, natureza, educación en valores, arte, música e deporte, xeografíaía, historia e biografías e por último relixión e mitoloxía.
Cada libro leva unha etiqueta branca chamada “tejuelo” na parte inferior do lombo.
Os Libros de Ficción están clasificados polo nivel lector e por iso levan o “tejuelo” na parte inferior do lombo: vermello para Educación Infantil, amarelo para o Primeiro Ciclo de Educación Primaria, azul para o Segundo Ciclo e verde para o Terceiro Ciclo. Están ordeados alfabéticamente por autor.
Hai distintas sección: Narrativa, Poesía, Teatro, ……..e Cómic.
As enciclopedias, diccionarios, atlas e libros de consulta non son prestables, xa que deben estar a disposición de todolos usuarios.
A biblioteca permanece aberta durante o horario lectivo para uso exclusivo do Centro, e polas tardes de 16:00 a 18:00h. de martes a venres.
Cada grupo de alumnos, co seu titor, ten reservada unha hora semanal para utilizar a biblioteca no seu horario lectivo.
Polas tardes, nos días señalados funcionará o servizo de préstamo a cargo dos profesores de garda.
6.- POLÍTICA DE PRÉSTAMOS E NORMAS DE FUNCIONAMENTO
• Podes levar como máximo 2 libros durante 15 días. Todos os préstamos que te leves deberán ser anotados no ordenador, para iso necesitas comunicalo ao profesor que corresponda para que seleccione o teu carnet e pase o lector polo código de barras deste e máis do libro. Os alumnos de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria deberán vir acompañados dun adulto, de non ser así, non poderán facer uso do servizo de préstamo.
• Cando collas un libro da estantería tes que ser coidadoso e deixar o resto dos libros ben colocados, xa que o están por orde alfabética. Outro xeito de seleccionar os libros é a partir do Catálogo da BE que podedes atopar na dirección do no noso blog: http://bibliocurros.blogspot.com
• Cando devolvas o préstamo deberás entregalo aos profesores para que o anoten como devolto no programa informátivo MEIGA que xestiona a biblioteca escolar. Nunca o coloques ti na estantería.
• Recorda que os libros están ordeados dacordo cos seguintes criterios: 1º, color do “tejuelo”, que nos indica o nivel do lector: I-P1-P2-P3 e 2º o apelido do autor. As pegatinas circulares de cor: vermella, amarela, azul e verde, nos dan unha idea aproximada do nivel lector, pero recorda que eres ti o que finalmente decide os libros que vas ler.
• Deberás coidar os libros con todo o esmero posible, son moi caros e algún dos títulos xa nos están dispoñibles nas librerías. Trátaos con coidado, non arrinques ningunha pegatina. Cada lector e responsable dos libros que toma en préstamo e se se deteriora deberá repoñelos.
domingo, 13 de noviembre de 2011
domingo, 6 de noviembre de 2011
martes, 11 de octubre de 2011
As mochilas viaxeiras
![]() |
| ¡Xa están preparadas para ir a túa casa! |
A experiencia das "Mochilas Viaxeiras posta en marcha o curso anterior dun xeito experimental en algunha das aulas do centro tivo unha excelente acollida por parte das familias, por iso queremos este ano continuar co proxecto ampliando a 9 as unidades participantes. Empezaremos por Educación Primaria e máis adiante irán chegando tamén ás aulas de Educación Infantil.
Irán de man en man e de casa en casa ao longo dunha semana xa que iniciarán a súa viaxe un venres e regresarán o xoves ao cole para que así outras familias a poidan disfrutar.
Con este proxecto pretendemos fundamentalmente mellorar o hábito lector do noso alumnado e concienciar ás familias do papel importante que desempeñan no fomento da lectura.
Irán de man en man e de casa en casa ao longo dunha semana xa que iniciarán a súa viaxe un venres e regresarán o xoves ao cole para que así outras familias a poidan disfrutar.
Con este proxecto pretendemos fundamentalmente mellorar o hábito lector do noso alumnado e concienciar ás familias do papel importante que desempeñan no fomento da lectura.
Os cadernos viaxeiros
![]() |
| Os cadernos xa están listos |
Este material irá acompañado dun caderno onde terá que escribir o seu nome e a data en que recibe a mochila ; pais e fillos, TODOS, podedes participar colaborando cun debuxo, un comentario a cerca dos libros ou as vosas impresións ao respecto desta actividade así como calquera outra suxestión que nos axude a mellorar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























