Benvida

Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.

martes, 26 de febrero de 2013

BUZÓN DE SUXERENCIAS

 Xa sabedes que dende hai un par de semanas o novo buzón de suxerencias está dispoñible.
       Non dubidesdes en deixar as vosas ideas e propostas
    Para iso contades cunhas fichas nas que podedes escribir as vosas suxerencias e que imos ir repoñendo constantemente.
               
   E..........
estas son alugunhas das vosas
ideaas do mes de
febreiro
        ¡Hai para todos os gustos!
  
MIGUEL, 10 anos : "Pois eu quería uns libros de : acción, fantasía... tipo os de Xulio Verne ou como "Colmillo Blanco. Tamén pelis de acción, terror... como Juamanji que mola moito. Por favor.
 ELBA, 10 anos: " Que poñan máis películas e libros de dinosaurios"
BRAIS, 10 anos: " Que haxa novos libros de Harry Potter, películas de debuxos animados e outros contos divertidos como Xerónimo Stilton e de dinosaurios!
EVA, 10 anos: "Os libros do Diario de Greg e tamén máis películas de Disney"
ALBA, 9 anos: "Eu quería libros dos Bolechas"
SALOMÉ E AMALIA: "Gustaríanos moito que houbera libros de Monster High"

martes, 5 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013


 

   Estamos no ENTROIDO           
  e no cole xa o estamos celebrando
  Como en anos anteriores, seguiremos o
 MANDADIÑO:
  Pero qué guapos estamos!!!!!!  
           .
Martes...................... algo na cara
         
     
 

 Mércores...........algo na cabeza


 
 
 
 Xoves....................algo no corpo

 










martes, 29 de enero de 2013

DÍA ESCOLAR DA PAZ 2013



   Como cada ano cando se achega o 30 de xaneiro, día escolar pola paz, data na que celebramos o asasinato de Mahatma Gandhi (1948-2013), os colexios de galicia  andamos na procura de recursos para organizar actividades  para os nosos alumnos/as.
  

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
                         ¡¡¡¡¡Pídeo na nosa biblioteca!!!!!
 No  Centro xa estamos decorando o cole e os corredores para conmemorar este día e preparando a festa que celebraremos no patio da entrada e na que estaremos todos, profes e alumnos desde Infantil ata Primaria.
       Ademáis cantaremos a canción de "Paz, paz, paz" de Juanes y "La muralla" de Ana Belén:

viernes, 18 de enero de 2013

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMENZAN A SÚA ANDAINA

¡¡¡POR FIN!!! 
Este curso, levamos moito retraso por mor da elaboración dos novos "CADERNOS VIAXEIROS" adaptados a cada un dos ciclos de Primaria e que nos deron bastante traballo.
Pero xa están "en marcha"
Esperamos que vos gusten moito, moito......e que as disfrutedes
                             

martes, 1 de enero de 2013

Aquí vos deixo unhas imaxes da visita dos Reis Magos ao cole o pasado martes na que os rapaces de Infantil lles entregaron as cartas cos seus mellores desexos.
                                                                                             

lunes, 17 de diciembre de 2012

    GUÍA DE LECTURAS PARA ESTE NADAL

                 ESTE  NADAL  LER......ESTÁ  DE  MODA !!!!
Esta é a guía de lecturas que presentamos para este Nadal, recordándovos, coma sempre, que é unha estupenda opción para agasallar nestas festas.