Benvida
Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.
martes, 21 de mayo de 2013
ABRIMOS NO RECREO
¡¡¡ABRIMOS A BIBLIOTECA OS LUNS NO RECREO!!!
A partir do próximo luns día 27 de maio, e por petición dos nosos alumnos que no buzón nos deixan as súas suxerencias, podedes visitar voluntariamente a biblioteca do cole para consultar,ler, estudar, empregar os ordenadores ou axudar ao profesor na organización da mesma.
¡¡¡ E N T R A !!!
jueves, 16 de mayo de 2013
Finalizado o concurso da semana das Letras Galegas, ¡¡¡¡xa temos equipo gañador!!!!
FELICIDADES:
JASON, SABELA, JEAN e JENNIFER
que con 23 acertos e tan só 1 erro pasan a ser os gañadores da primeira edición do Brincaletras adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño
Aquí os tedes na biblioteca para recoller o seu merecido premio
Un eBook que gracias a eles poderán disfrutar todos os alumnos@s de 5ºB
¡Noraboa aos catro! e ata o próximo.......
"B R I N C A L E T R A S"
jueves, 9 de mayo de 2013
Este curso queremos celebrar o ...
Apúntate ao 1º concurso "BRINCALETRAS" e demostra todo o que sabes sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO
¡¡¡Lee moi ben as bases do concurso e participa durante a semana das letras galegas!!!
1º CONCURSO ......... ¡B R I N C A L E T R A S!
LETRAS GALEGAS 2013
¿Qué é iso?
Pois un concurso é unha chamada a que participes na elaboración de algo baixo a
motivación de optar a un premio.
¿En qué consiste?
Tes que contestar coa axuda do teu grupo, 23 palabras .
Nós dámosche a definición e a inicial pola que empezan.
¿Qué hai que facer?
Pois informarte sobre a biografía de Roberto Vidal Bolaño, autor ao que este ano se
adica o”día das Letras Galegas”
¿Cómo o fago?
Tes que baixar á biblioteca o día que che toque. Pregúntalle ao teu titor ou mira no corcho
informativo situado na entrada de Primaria.
¿Cánto tempo ten o meu grupo para acertar tdodo o rosco?
5 minutos
¿E cómo saberemos qué grupo é o gañdor do concurso?
Podes consultar o número de aciertos e de erros de cada grupo no mural que atoparás
no corredor da biblioteca
¿Cándo saberemos qué grupo é o gañador do concurso?
O mércores 15 ade maio. Gañará o equipo que consigamaior número de aciertos. En caso de
empate, o de menos erros
¿Cal é o premio?
O grupo que máis preguntas acierte gañará para a súa aula un LIBRO ELECTRÓNICO
Como ves é moi sinxelo. O único que tes que facer é prepararte un pouco e ter moito ánimo
Apúntate aquí cando coñezas os aciertos e
os erros do teu equipo.
Roberto Vidal Bolaño: o teatro protagoniza as Letras Galegas 2013
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosasjueves, 2 de mayo de 2013
TALLER DE COCIÑA
Hoxe no cole tivemos un día especial. A mamá de Ana, Marta, visitounos para ensinarnos cómo facer unhas ricas galletas. Xuntámonos todos no comedor e pasamos unha mañán estupenda:
viernes, 26 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO 2013
Neste día realizamos múltiples actividades e todas xiraron en torno á lectura .Por suposto, non podía faltar "un marcapáxinas" . Pincha na image para velos en grande.

Este curso temos programadas moitas actividades:
Xogo do "semáforo" para os peques, para axudarlles a que coñezan as normas de comportamento na nosa biblioteca.
LIM para os rapaces de primaria sobre o uso e as normas básicas de utilización de todo o material do que dispoñemos na biblio.
Guía de benvida para os novos usuarios coa elaboración dun tríptico por parte do equipo
Colaboración de pais e profes para a realización de contacontos......
Foi unha semana moi axetreada e unha experiencia a repetir.

Este curso temos programadas moitas actividades:
Xogo do "semáforo" para os peques, para axudarlles a que coñezan as normas de comportamento na nosa biblioteca.
LIM para os rapaces de primaria sobre o uso e as normas básicas de utilización de todo o material do que dispoñemos na biblio.
Guía de benvida para os novos usuarios coa elaboración dun tríptico por parte do equipo
Colaboración de pais e profes para a realización de contacontos......
Foi unha semana moi axetreada e unha experiencia a repetir.
domingo, 21 de abril de 2013
EXPOSICIÓN ITINERANTE DE CURROS
Este ano o noso centro celebra o seu CINCUENTENARIO, e por iso estamos todos, dende Infantil a Primaria, preparando unha serie de actividades especiais que se veñen desenrolando neste 3º trimestre. Para empezar, organizouse na que nos chamamos "biblioteca vella", unha exposición itinerante con material procedente do Museo Pedagóxico de Galicia, MUPEGA, na que podemos ver como eran as aulas que nese momento había, así como todo o material de traballo que se empregaba. Ademáis dunha exposición de fotografías da época ata chegar aos nosos días.
Para que o noso alumnado coñecese un pouco máis cómo era e cómo se traballaba naquela época, todos os alumnos foron "desfilando" pola exposición para escoitar o que a profe Ánxeles nos tiña que contar......
Aquí quedan unhas imaxes do día:






Para que o noso alumnado coñecese un pouco máis cómo era e cómo se traballaba naquela época, todos os alumnos foron "desfilando" pola exposición para escoitar o que a profe Ánxeles nos tiña que contar......
Aquí quedan unhas imaxes do día:






Suscribirse a:
Comentarios (Atom)













